Este mércores estréase ás 13.00hCicatrices, a segunda curtametraxe do realizador santiagués Jairo Iglesias. O acto celebrarase na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación do campus de A Xunqueira en Pontevedra, onde despois da proxección da curtametraxe realizarase unha charla-coloquio á que acudirán Jairo Iglesias (director), Sara Horta (axudante de dirección e coprodutora xunto a Iglesias), Andrés Rozados (encargado de publicidade e relacións públicas) e Estíbaliz Veiga, unha das actrices protagonistas. Os asistentes terán a oportunidade de disipar tódalas súas dúbidas, de coñecer como foi a realización da curtametraxe e cales son os proxectos que Jairo Iglesias está a argallar.Trala realización da súa primeira curta titulada Retrato, Iglesias presenta en Pontevedra a súa segunda obra: Cicatrices. Rodada na Coruña en febreiro deste año, conta cun reparto de auténtico luxo con actrices da talla de Isabel Blanco (que continúa coa promoción de `1 franco, 14 pesetas´), Estíbaliz Veiga (que xa participou na primeira curta do santiagués) e Xabier Deive (que vén de finalizar a rodaxe con Carmen Maura de ‘El menor de los males’).Elena (Isabel Blanco) foi unha muller maltratada polo seu marido. Mar (Estíbaliz Veiga) saíu adiante exercendo a prostitución. El (Xabier Deive) é un ex alcohólico. Cicatrices fala sobre a violencia de xénero a partir da vida de tres persoas que tratan de superar o seu pasado a través de terapias de grupo.A finais de 2005, Iglesias e Horta crearon produccionesRETRATO. Esta produtora aposta pola xente nova, moitos deles estudantes na Escola de Imaxe e Son de A Coruña, e tamén xente con experiencia como Andrés Victorero (director de fotografía) e Ruth Casado (Dirección de arte). Trala rodaxe de Cicatrices, atópase embarcada nun novo proxecto titulado Rosa dos ventos. Esta cinta (en proceso de postprodución) trata a historia de Rosa, viúva porque ao seu marido Andrés levouno o mar.Cicatrices ten unha duración de 15 minutos e foi rodada en vídeo de alta definición, producido por produccionesRETRATO en coprodución con Formatoriginal e coa colaboración de PousadaSon, Dobleclic, e Hoteles Zenit. Coa estrea da súa segunda curta, Iglesias comparte o sétimo arte cos pontevedreses.
3 comentarios
astrologija -
astrologija -
New Balance Sneakers -